Categorías
Uncategorized

Mars Perseverance Sol 0

Créditos da imaxe: NASAJPLMars 2020

Explicación: Despois de 203 días, unha viaxe interplanetaria, e sete minutos de terror, Perseverance posouse sobre Marte. A confirmación do éxito da amartizaxe foi anunciada polo Jet Propulsion Laboratory da NASA no sur de California ás 12:55 pm PST (Pacific Time, 8:55 pm UTC) do 18 de febreiro. A cámara de prevención de riscos dianteira esquerda (Hazcam) do rover do tamaño dun coche tomou esta imaxe inicial en baixa resolución pouco despois da aterraxe no Sol 0 da misión. A cuberta protectora está aínda sobre a cámara, pero a sombra do Perseverance, agora o rover máis ambicioso enviado ó Planeta Vermello é visible a través da súa proxección na superficie marciana.

Categorías
Uncategorized

Nebulosa Roseta de talo longo

Créditos da imaxe e Copyright: Adam Block & Tim Puckett

Explicación: Parecería tan doce a Nebulosa Roseta con calquera outro nome? A insulsa designación do Novo Catálogo Xeral de NGC 2237 non semella disminuir a apariencia desta florida nebulosa de emisión, na parte superior da imaxe, sobre un longo talo de brillante gas hidróxeno. Dentro da nebulosa atópase un cúmulo aberto de brillantes xóvenes estrelas nomeadas coma NGC 2244. Estas estrelas formáronse fai uns catro millóns de anos a partires do material nebular e os seus ventos estelares están limpando un buraco no centro da nebulosa, aillado por unha capa de po e gas quente. A luz ultravioleta das estrelas quentes do cúmulo provoca que a nebulosa circundante brille. A Nebulosa Roseta espállase uns 100 anos luz de diámetro, atópase a uns 5.000 anos luz de distancia, e pode verse cun pequeno telescopio hacia a constelación do Unicornio (Monoceros).

Categorías
Uncategorized

Estéreo Eros

Créditos da imaxe: NEAR ProjectJHU APLNASA

Explicación: Saca as túas gafas vermellas/azuis e flota a carón do asteroide 433 Eros. Orbitando o Sol unha vez cada 1.8 anos, o asteroide cercano á Terra, debe o seu nome ó Deus grego do amor. Non obstante, a súa forma aseméllase máis a unha pataca grumosa que a un corazón. Eros é un diminuto mundo de 40 x 14 x 14 quilómetros de horizontes ondulados, cráteres, rochas e vales. A súa inquietante escala e a non romántica forma enfatízanse neste mosaico de imaxes dende a sonda espacial NEAR Shoemaker procesadas para obter unha vista anaglífica estéreo. Xunto co dramático claroscuro, as imaxes 3D do NEAR Shoemaker proporcionaron importantes medidas das formas do terreo e estructuras do asteroide, e pistas sobre a orixe deste anaco do Sistema Solar do tamaño dunha cidade. As características máis pequenas visibles aquí teñen uns 30 metros de diámetro. Dende o 14 de febreiro de 2000, o histórico NEAR Shoemaker pasou un ano en órbita arredor de Eros, a primeira sonda espacial en orbitar un asteroide. Fai vinte anos, o 12 de febreiro de 2001, posouse en Eros, a primeira aterraxe sobre a superficie dun asteroide. A transmisión final do NEAR Shoemaker dende a superficie de Eros foi o 28 de febreiro de 2001.

Categorías
Uncategorized

Galaxia Espiral NGC 1350

Créditos da imaxe & Copyright: Mike SelbyWarren Keller

Explicación: Esta fermosa illa do universo atópase a uns 85 millóns de anos luz de distancia na constelación austral de Fornax. Habitada por xóvenes estrelas azuis, os apretados brazos espirais de NGC 1350 semellan unirse nun círculo arredor do gran e brillante núcleo da galaxia, dándolle a apariencia dun ollo cósmico. De feito, NGC 1350 ten uns 130.000 anos luz de diámetro. Esto faina tan ou lixeiramente máis grande que a Vía Láctea. Para os astrónomos terrestres, NGC 1350 vese nos arrabaldes do cúmulo de galaxias de Fornax, pero a súa distancia estimada suxire que non é por sí mesma un membro do cúmulo. Por suposto, as estrelas brillantes e picudas no primeiro plano deste campo de visión telescópica son membros da nosa propia espiral, a Galaxia Vía Láctea.

Categorías
Uncategorized

Estrelas rezagadas azuis no Cúmulo Globular M53

Créditos da imaxe: ESA/HubbleNASA

Explicación: Se o noso Sol fose parte deste cúmulo estelar, o ceo nocturno brillaría coma un xoieiro de brillantes estrelas. Este cúmulo, coñecido coma M53 e catalogado como NGC 5024, é un dos aproximadamente 250 cúmulos globulares que sobreviven na nosa Galaxia. A maioría de estrelas en M53 son máis vellas e máis vermellas que o noso Sol, pero algunhas enigmáticas estrelas semellan ser máis azuis e novas. Estas estrelas xóvenes poderían contradecir a hipótese de que tódalas estrelas en M53 se formasen aproximadamente ó mesmo tempo. Estas inusuais estrelas son coñecidas como rezagadas azuis e son inusualmente comúns en M53. Despois de moito debate, agora pénsase qeu as as rezagadas azuis son estrelas rexuvencidas por materia fresca que provén dunha estrela binaria compañeira. Ó analizar imaxes de cúmulos globulares coma a imaxe destacada tomada polo Telescopio Espacial Hubble, os astrónomos empregan a abundancia de estrelas coma as rezagadas azuis para axudar a determinar a idade do cúmulo globular e, polo tanto un límite na idade do Universo. M53, visible con prismáticos cara a constelación da Cabeleira de Bernice (Coma Berenices), contén máis de 250.000 estrela e é uno dos máis lonxanos cúmulos globulares dende o centro da nosa Galaxia.