Categorías
Uncategorized

Tianwen-1, misión a Marte

Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)

Explicación: o 23 e xullo, este foguete de carga pesada Longa Marcha 23 ergueuse no ceo azul matinal desde o Centro de Lanzamento de Satélites na illa chinesa de Wenchang. O foguete tansporta un orbitador, un aterrizador e un todoterreo para resolver as Cuestións Celestiais da ambiciosa misión Tianwen-1 a Marte. De feito, o Tianwen-1 foi a segunda das tres misións programadas para o despeque cara o planeta vermello en xullo. Os Emiratos Árabes Unidos lanzaron a súa sonda Amal (Esperanza) a Marte o 19 de xullo. O despegue do todoterreo marciano Perseverance da NASA desde a Base da Forza Aérea de Cabo Canaveral (EUA) está programado para o 30 de xullo. Aínda que ese é o último lanzamento a Marte programado para 2020. A xanela de despegue de mínima enerxía para unha expedición a Marte vai pechar en 2020 e reabrirá en 2022.

Imaxes do cometa NEOWISE desd eo planeta Terra: xullo 24, 23, 22

Categorías
Uncategorized

Neowise: un conto de fadas

Créditos a imaxe e copyright: Stephane Guisard (Los Cielos de AmericaTWAN)

O po cometario cae por un ceo crepuscular nesta escena de soño,s pero non é a apertura dunha película de contos de fadas. Con todo, o castelo de Neuschwanstein nos Alpes bávaros inspirou o castelo da Bela Durminte de Disneyland. A raia brillante por riba das torres do castelo, captada o 20 de xullo, é probablemente un meteoro das perseidas. Aínda que chegan ao máximo a mediados de agosto, a chuvia de meteoros anual do verán xa está activa. O ronsel meteórico sobre o castelo de fadas pode seguirse cara atrás deica o radiante da chuvia na heroica constelación de Perseo, por fóra da marxe superior esquerda do cadro. Os meteoros das perseidas prodúcense polo po do cometa periódico Swift-Tuttle. Coa súa propia cola ampla de po cruzando agora os ceos setentrionais a aparición celeste por riba do horizonte afastado é o actual preferido da Terra, o cometa NEOWISE.

Imaxes do cometa NEOWISE:  xullo 21 | | 20 | | 19 | | 18 | | 17 | | 16 | | 15  || 14 | | 13 | | 12 | | 11 | | 10 e antes ||

Categorías
Uncategorized

NEOWISE do norte

Créditos da imaxe copyright:Bill Peters

Trala medianoite local do 14 de xullo o cometa NEOWISE aínda andaba por riba do horizonte de Goldenrod (Alberta, Canadá), xusto ao norte de Calgary, no planeta Terra. Nesta instantánea crea unha noite abraiante coa aparición danzante das lulces do norte. O cometa de longa cola maila exhibición auroral son fermosas aparicións destes días no norte. Ámbolos dous amosan a influencia do tempos espacial e o vento solar. Os amadores do ceo están a darlle unha fonda benvida ao visitante da nube de Oort, aínda que o C/2020 F3 (NEOWISE) leva unha órbita que agora o transporta cara o exterior do Sistema Solar interior.

Imaxes destacadas do cometa NEOWISE enviadas ao APOD: 16 de xullo| xullo 15 | xullo 14 | xullo 13 | xullo 12 | xullo 11 | xullo 10 e antes |

Categorías
Uncategorized

As longas colas do cometa NEOWISE

Créditos da imaxe e Copyright:Petr Horalek

Este cometa NEOWISE (C/2020 F3) anda agora a varrer os ceos norteños do noso fermoso palneta. As súas colas longas estrícanse nesta fonda paisaxe celeste desde Suchy Vrch, República Checa. A composición, gravada na noite do 13/14 de xullo, contén tomas da paisaxe sen seguimento e do ceo filtrado e con seguimento, revelando detalles da cola do cometa que non se ven a ollo nu. As estruturas tenues esténdense ata a parte superior do cadro, uns 20 graos desde a brillante coma cometaria. A ampla curva da amarelada cola de po do cometa, expulsada pola presión da propia luz solar, é sinxela de ver a simple vista. Pero a cola iónica, máis azulada e tenue, está separada da reflectiva cola cometaria. A cola máis feble é unha cola iónica, formada cando os ións procedentes da coma do cometa son expulsados ao exterior polos campos magnéticos co vento solar e emiten fluorescencia ao ser alumeada. Xa saíndo do sistema solar, o NEOWISE vai rubindo nos ceos nocturnos setentrionais cada vez máis arriba, chegando ao seu punto máis próximo á Terra o 23 de xullo.

Imaxes destacadas do cometa NEOWISE enviadas ao APOD: || xullo 15 || xullo 14 || xullo 13 || xullo 12 || xullo 11 || xullo 10 e antes ||