Categorías
Uncategorized

Dedos de rocha en Marte

Crédito da imaxe: NASAJPL-CaltechMSSS

Explicación: alí, xusto no centro, que é iso? A surperficie de Marte segue amosando novas sorpresas co recente descubrimento dunhas rochas con forma de dedos. A pequena e case vertical rocha foi fotografada o mes pasado polo rover Curiosity en Marte. Aínda que de tamaño e forma semellante a unhas pequenas serpes, a principal explicación para a súa orixe é que se trata dun conglomerado de pequenos minerais deixados pola auga ao fluír polo interior das cavidades dunha rocha. Despois de que estes minerais relativamente densos encheran as cavidades, permaneceron alí despois de que a rocha se erosionara. Outras rochas semellantes na Terra cunha orixe parecida chámanse chemineas de fadas. O rover Curiosity da NASA continúa a súa busca de novos indicios de auga no pasado do Cráter Gale en Marte, mentres que proporciona información xeolóxica importante para a futura exploración humana.