
Explicación: o Cúmulo de Galaxias de Virgo é o cúmulo galáctico más próximo á nosa Vía Láctea. O Cúmulo de Virgo está tan próximo que abrangue máis de 5 graos no ceo, unhas 10 veces o ángulo cuberto pola Lúa chea. Co seu corazón a uns 70 millóns de anos luz de distancia, o Cúmulo de Virgo contén máis de 2 000 galaxias e exerce un pulo gravitacional moi notable sobre o Grupo Local de Galaxias que rodean a Vía Láctea. O cúmulo non só contén galaxias cheas de estrelas se non tamén gas tan quente que brilla en raios X. Os movementos das galaxias dentro e arredor dos cúmulos indican que conteñen máis materia escura que a materia visible que podemos ollar. Amosado aquí, o corazón do Cúmulo de Virgo incluíndo as brillantes galaxias Messier como as Galaxias dos Ollo arriba á esquerda, M86 xusto arriba e á dereita do centro, M84 na marxe dereita e tamén a galaxia espiral NGC 4388 abaixo á dereita.