Categorías
Uncategorized

Unha eclipse lunar dixital

Crédito da imaxe e Copyright:Michael Cain

Explicación: realizadas os días 15 e 16 de maio, esta secuencia de exposicións capturan a Lúa chea durante unha eclipse lunar total a medida que cruza por riba das copas das árbores nos ceos despexados de Florida central. Cada instantánea foi feita cada 5 minutos cunha cámara dixital e amosa a progresión da eclipse ao longo de tres horas. O brillante disco lunar crece escuro e vermello ata que cruza pola sombra da Terra. De feito, contando as imaxes centrais da secuencia é posible medir os aproximadamente 90 minutos de duración da fase total da eclipse. Ao redor do ano 270 a.C. o astrónomo grego Aristarco tamén mediu a duración de eclipses lunares totais pero sen os beneficios de reloxos é cámaras dixitais. Aínda así, empregando xeometría foi quen de calcular dunha maneira moi precisa a distancia á Lúa en termos do radio da Terra a partires da duración da eclipse.