Categorías
Uncategorized

NGC 1316: despois de que as galaxias colisionen

Crédito da imaxe e Copyright: Captura: Greg TurgeonProcesado: Kiko Fairbairn

Explicación: as astrónomas convértense en detectives cando intentan comprender o que causa vistas tan sorprendentes como NGC 1316. As investigacións apuntan a que NGC 1316 é unha xigantesca galaxia elíptica que comezou a devorar fai uns 100 millóns de anos á súa galaxia espiral compañeira, NGC 1317, xusto arriba á dereita. As probas que soportan esta teoría inclúen as escuras liñas de po que caracterizan a esta galaxia espiral, os febres remuíños e as capas de estrelas e gas visible nesta imaxe de gran profundidade e amplitude. Unha cousa que permanece sen explicación é o pequeno tamaño dos cúmulos estelares globulares, vistos nesta imaxe como febles puntos. A maioría das galaxias elípticas teñen máis cúmulos globulares e máis brillantes que os de NGC 1316. Pero os cúmulos observados son demasiado antigos para teren sido creados pola recente colisión. Unha hipótese é que estes cúmulos sobreviviron dunha galaxia anterior asimilada por NGC 1316. Outro atributo sorprendente de NGC 1316, tamén coñecida como Fornax A, son os seus xigantescos lóbulos de gas que brillan con forza en ondas de radio.