Categorías
Uncategorized

Retrato de NGC 3628

Créditos da imaxe e Copyright: Wilhelm Michael Kasakow, Olaf Guillaume

Explicación: As nítidas vistas telescópicas de NGC 3628 amosan un disco galáctico inchado e dividido por escuras liñas de po. Por suposto, este retrato da magnífica galaxia espiral fai que algúns astrónomos pensen no seu popular alcume, a Galaxia Hamburguesa. Tamén amosa unha pequena galaxia cercana (abaixo), probablemente un satélite de NGC 3628 e a muy feble pero extensa cola de marea. A cola exténdese uns 300.000 anos luz, incluso máis aló da esquina superior esquerda da imaxe. NGC 3628 comparte a súa veciñanza no universo local con outras dúas grandes espiráis M65 e M66 nunha agrupación coñecida coma o Triplete de Leo. As interaccións gravitacionais cos seus veciños cósmicos posiblemente sexan as responsables da creación da cola de marea, así como da chamarada extendida e a deformación do disco da espiral. A propia illa-universo ten uns 100.000 anos luz de diámetro e atópase a 35 millóns de anos luz na constelación primaveral do norte, Leo.