Categorías
Uncategorized

Desfile de planetas sobre a Ópera de Sydney

Crédito da imaxe e Copyright: Prasun Agrawal

Explicación: o mundo está a contemplar un pintoresco desfile de planetas. Xusto antes do amencer, os ceos dunha gran parte do planeta Terra están decorados cunha liña notable de planetas familiares. Na maior parte do hemisferio norte, esta liña de planetas semella case horizontal, pero nunha grande parte do hemisferio sur a liña aparece case vertical. Amosada aquí sobre a Casa da Ópera de Sydney, no sur de Australia, a liña de planetas foi capturada formando case unha vertical fai cinco días. De arriba a abaixo, os planetas da mañá son Saturno, Marte, Venus e Xúpiter. Mentres abril remata, a distancia angular entre Venus e Xúpiter reducirase pouco a pouco ata menos dun grao e intercambiarán posicións. Despois, cando maio remate, Xúpiter pasará preto de Marte e os dous planetas intercambiarán tamén as súas posicións. En xuño, o desfile ampliarase uns días coa presenza de Mercurio.