Categorías
Uncategorized

Animación: estraños círculos de radio

Creditos: Ilustración: Sam Moorfield; Datos: CSIROHST (HUDF), ESANASA;
Imaxe: J. English (U. Manitoba), EMUMeerKATDES (CTIO); Texto: Jayanne English

Explicación: como chamarías a un quebracabezas cósmico que ninguén esperaba ver? Nesta caso, Círculos de Radio Estraños (ORC polas súas siglas en inglés). ORC-1 exemplifica os cinco enigmáticos obxectos, só visibles en frecuencias de radio, que foron descubertos por serendipia en 2019 empregando a novo conxunto de radiotelescopios SKA Pathfinder, en Australia. A imaxe final amosada no vídeo emprega datos do 2021 do conxunto MeerKAT en Suráfrica para amosar aínda máis detalle. Os datos de radio aos que se asigna a cor turquesa están combinados cos datos en óptico e infravermello do Dark Energy Survey. A ilustración animada do artista explora tan só unha das ideas acerca das orixes dos ORC. Se dous buracos negros supermasivos se fusionan no centro dunha galaxia, as ondas de choque asociadas poden xerar aneis de radiación de radio. Estes aneis crecen ata encher todo o encadre do vídeo. O vídeo aumenta a expansión do ORC de xeito que pode ser rastrexado ata que abrangue un millón de anos luz de tamaño. Por sorte, o conxunto de radiotelescopios Square Kilometer Array (Conxunto dun quilómetro cadrado) axudará a probar esta e outras hipóteses prometedoras.

Categorías
Uncategorized

Venus e Marte atravesando a noite

Crédito da imaxe e Copyright: Carlos Kiko Fairbairn

Explicación: cando dous planetas atravesan o ceo nocturno, é habitual velos preto un doutro durante unha semana ou máis. No caso desta conxunción planetaria, Venus e Marte pasan a 4 graos un do outro a comezos deste mes. A imaxe amosada realizouse uns días antes, cando Venus elevábase lentamente no ceo xusto antes do amencer, noite tras noite, mentres Marte poñíase lentamente. A imaxe, un mosaico de catro partes foi capturada no Brasil dende a pequena cidade de Teresópolis. A maiores de Venus e Marte, o ceo da mañá tamén inclúe ao máis distante Saturno. Por suposto, estas conxuncións son só angulares, xa que Venus, Marte e Saturno continúa as súas órbitas ao redor do Sol en lugares moi diferentes do Sistema Solar. A próxima semana, o ángulo entre Saturno e Marte reducirase a menos dun cuarto de grao.

Categorías
Uncategorized

Xemas da noite das Maldivas

Crédito da imaxe e Copyright: Petr Horálek (ESOPhoto AmbassadorInst. of Physics in Opava)

Explicación: a parte máis ao sur da Vía Láctea non só contén estrelas coma a Cruz do Sur, senón tamén a estrela máis próxima ao noso Sol, Alfa Centauri. Na cima da propia Cruz do Sur atópase a brillante e amarela Gamma Crucis. A liña dende Gamma Crucis a través da estrela azul da parte inferior, Acrux, apunta cara o polo sur celeste, localizado xusto enriba da pequena illa amosada na imaxe tomada a principios de marzo. A illa é Madivaru das Maldivas, no Océano Índico. Contra a feble luz das estrelas da Vía Láctea, a escura Nebulosa do Saco de Carbón atópase xusto á esquerda da cruz, mentres que moito máis lonxe cara a esquerda están as brillante estrelas Alfa Centauri (esquerda) e Beta Centauri (Hadar). Alfa Centauri A é unha estrela do tamaño do Sol que terma dun sistema de tres estrelas con exoplanetas e atópase a tan só 4.3 anos luz de distancia de nós. Visto dende Alfa Centauri, o noso propio Sol sería tan brillante como a estrela brillante amarelenta na recoñecible constelación de Casiopea.


Categorías
Uncategorized

Arp 78: unha galaxia peculiar en Aries

Crédito da imaxe e License: Observatorio Internacional Gemini / NOIRLab / NSF / AURA
Procesado: T.A. Rector (Univ. Alaska Anchorage), J. Miller (Gemini Observatory/NOIRLab), M. Zamani e D. de Martin

Explicación: A peculiar galaxia espiral Arp 78 atópase nos confíns da cabeza da constelación de Aries. A uns 100 millóns de anos luz máis alá das estrelas e nebulosas da nosa Vía Láctea, este universo illado abrangue máis de 100 000 anos luz de tamaño. Tamén coñecida como NGC 772, conta cun prominente brazo espiral visible neste detallado retrato cósmico do gran telescopio Gemini Norte preto da cima de Maunakea, en Hawai, na Terra. Seguindo algunhas das liñas de po e aliñado cos cúmulos estelares de novas estrelas azuis, o brazo espiral de Arp 78 é probablemente empurrado polas forzas gravitacionais de marea a escala galáctica. A galaxia compañeira próxima é NGC 770, localizada arriba á dereita neste encadre. Pero máis galaxias distantes de fondo son claramente visibles neste campo de visión cósmico.

Categorías
Uncategorized

Unha balea nunha aurora sobre unha fraga en Suecia

Crédito da imaxe e Copyright: Göran Strand

Explicación: que hai no ceo? Trátase dunha aurora. Unha gran exección de masa coronal sucedeu no Sol a comezos do mes, expulsando unha nube de electróns, protóns e ións a alta velocidade cara a Terra. Parte da nube impactou na magnetosfera terrestre e coa axuda dun pequeno oco, deu como resultado unhas auroras espectaculares que foron observadas dende latitudes moi ao norte. Amósase aquí unha corona auroral particularmente fotoxénica capturada sobre un bosque en Suecia dende unha posición elevada sobre a cidade de Östersund. Para algúns, o brillo verde do osíxeno atmosférico recombinándose semella a unha gran balea, pero síntete libre de compartir o que semella para ti. O quedo Sol dos últimos anos espertou, e mentres o Sol acada o seu máximo solar no seu ciclo magnético de 11 anos, continuaremos observando auroras coma esta.