Categorías
Uncategorized

Lúa do Oeste, Mar do Leste

Créditos da imaxe e Copyright: Tom Glenn

Explicación: O Mare Orientale, Mar do Leste en latín, é unha das características lunares a gran escala máis chamativas. A máis nova das grandes cuncas de impacto lunar é moi difícil de ver dende unha perspectiva terrestre. Pero tomado durante un periodo de inclinación favorable, ou libración da cara visible da Lúa, o Mar do Leste pode atoparse preto da parte superior central nesta nítida visión telescópica, extremadamente escorzada ó longo do bordo occidental da Lúa. Formado polo impacto dun asteroide fai máis de 3.000 millóns de anos e de preto de 1.000 quilómetros de diámetro, as características circulares concéntricas da cunca de impacto son ondulacións na codia lunar. Pero son un pouco máis fáciles de localizar en imaxes máis directas da rexión tomadas dende a órbita lunar. Entón, porqué está o Mar do Leste no borde occidental da Lúa? A característica lunar Mare Orientale recibiu o seu nome antes de 1961. Foi entón cando se invertiu a convención de etiqueter o leste e o oeste nos mapas lunares.