Categorías
Uncategorized

As nebulosas escuras do Camaleón

Crédito da imaxe e Copyright: Jarmo RuuthTelescope LiveHeaven’s Mirror Observatory

Explicación: ás veces o escuro po do espazo interestelar amosa unha elegancia angular. Ese é o caso da constelación austral do Camaleón. Normalmente moi feble para vela, o po escuro é coñecido por bloquear a luz visible das estrelas e galaxias detrás del. Pero nesta exposición de 4 horas o po é visible na súa propia luz, a súa cor vermella e no infravermello próximo que producen un ton marrón. En contraste, o azul da brillante estrela Beta Chamaeleontis é visible xusto á dereita do centro, co po que a rodea reflexando principalmente a luz azul da súa cor primaria branca azulada. Todas as estrelas amosadas na imaxe e o po atópanse na nosa Vía Láctea só cunha notable excepción, o punto branco xusto debaixo de Beta Chamaeleontis que é a galaxia IC 3104, moito máis afastada. O po interestelar é maioritariamente xerado nas frías atmosferas das estrelas xigantes e dispersada polo espazo pola luz estelar, os ventos estelares e as explosións estelares como as supernovas