Categorías
Uncategorized

O movemento da cola do Cometa Leonard

Crédito da imaxe: NASANRLSTEREO-A; Procesado: B. Gallagher

Explicación: por que se move a cola do Cometa Leonard? Neste vídeo en time-lapse amósase a cola de ións do Cometa C/2021 A1 (Leonard) mentres cambia ao longo de 10 días a comezos do mes pasado. O vídeo foi feito pola sonda STEREO-A (Solar Terrestrial Relations Orbservatory-Ahead) da NASA que coorbita o Sol mantendo a mesma separación coa Terra. Cada imaxe deste campo de 29 graos foi restada da seguinte imaxe para crear fotogramas que destaquen as diferencias. O vídeo claramente amosa a longa cola de ións do Cometa Leonard estendéndose e movéndose mentres é soprada polo vento solar, unha corrente de ións a alta velocidade que proveñen do Sol. Dende que se realizou o vídeo, o Cometa Leonard continuou a súa viaxe cara o Sol acadando o seu máximo achegamento entre as órbitas de Mercurio e Venus, sobrevivindo a este achegamento sen esnaquizarse e dirixíndose agora cara ao exterior do Sistema Solar.