Categorías
Uncategorized

O Xúpiter do Hubble e a minguante Gran Mancha Vermella

Créditos da imaxe: NASAESAHubbleOPAL Program, STScIProcesado: Karol Masztalerz

Explicación: Que será da Gran Mancha Vermella de Xúpiter? O xigante gaseoso Xúpiter é o mundo máis grande do sistema solar, con aproximadamente 320 veces a masa do planeta Terra. Xúpiter é o fogar dun dos máis grandes e duradeiros sistemas de tormentas coñecidos, a Gran Macha Vermella (GRS, das siglas en inglés de Great Red Spot), visible á esquerda. A GRS é tan grande que podería engulir á Terra, aínda que está a contraerse. A comparación coas notas históricas indica que a tormenta ten só un tercio da superficie que tiña fai 150 anos. O programa Outer Planets Atmospheres Legacy (OPAL) da NASA monitorizou a tormenta recentemente empregando o Telescopio Espacial Hubble. A imaxe do OPAL do Hubble amosa a Xúpiter tal e como aparecía en 2016, procesado de xeito que fai que os tonos vermellos aparezan bastante vibrantes. Os datos modernos da GRS amosan que a tormenta continúa a reducir a súa superfice, pero tamén que se está a converter en lixeiramente máis alta, en sentido vertical. Ninguén coñece o futuro da GRS, incluíndo a posibilidade de que se a tendencia na reducción continúa, a GRS poida incluso algún día facer o que fixeron manchas máis pequenas en Xúpiter, desaparecer completamente.