Categorías
Uncategorized

Un ano de amenceres

Crédito da imaxe e Copyright: Luca Vanzella

Explicación: o Sol sempre sae pola mesma dirección? Non, a medida que os meses pasan a dirección cara a saída do Sol vai cambiando. Esta imaxe amosa a dirección do amencer cada mes durante o 2021 vista dende a cidade de Edmonton, Alberta, Canadá. A cámara nesta imaxe sempre está apuntando cara o leste, co norte cara a esquerda e o sur cara a dereita. Como se amosa no vídeo que acompaña á imaxe, a imaxe superior foi realizada en decembro de 2020 mentres que a imaxe de abaixo foi tomada en decembro de 2021, facendo 13 imaxes en total. Aínda que o Sol sempre sae polo leste en xeral, sae máis cara o sur preto do solsticio de decembro e máis cara o norte preto do solsticio de xuño. En moitos países, o solsticio de decembro é considerado oficialmente como o cambio de estación, por exemplo, como o primeiro día do inverno no hemisferio norte. O quecemento polo Sol e a enerxía almacenada na superficie e na atmosfera da Terra achégase ao seu mínimo durante o inverno, facendo do inverno a estación máis fría de todo o ano.