Categorías
Uncategorized

Lúas detrás dos aneis de Saturno

Crédito da imaxe: NASAESAJPLCassini Imaging Team

Explicación: que lle pasou a esta lúa de Saturno? Non lle sucede nada, Rhea, a lúa de Saturno, simplemente está parcialmente agochada detrás dos aneis. En 2010, a sonda Cassini en órbita ao redor de Saturno naquel momento realizou esta imaxe de pequena apertura ollando ao través dos aneis máis famosos do Sistema Solar. Os aneis, visibles en primeiro plano inclúen o fino anel F no exterior e os máis anchos aneis A e B xusto no interior. Aínda que parece deslizarse sobre os aneis, a lúa Xano (Janus) atópase realmente moito máis lonxe detrás deles. Xano é unha das lúas máis pequenas de Saturno e tan só mide 180 quilómetros. Máis lonxe dende a cámara está Rhea, unha lúa chea de cráteres e de moito maior tamaño, medindo 1 500 quilómetros de tamaño. A parte superior de Rhea é visible ao través dos ocos entre os aneis. Tras máis dunha década de exploración e descubrimentos, a sonda Cassini quedou sen combustible en 2017 e foi dirixida para entrar na atmosfera de Saturno onde seguramente se derreteu.