Categorías
Uncategorized

O norte da Nebulosa Carina

Crédito da imaxe e Copyright: Roberto Colombari

Explicación: a Gran Nebulosa de Carina é o fogar de estrañas estrelas e icónicas nebulosas. Alcumada a partir da constelación que a acolle, a enorme rexión de formación estelar é maior e máis brillante ca Gran Nebulosa de Orión pero menos coñecida xa que está moi ao sur e por que unha gran parte da humanidade vive moi ao norte. A imaxe amosa en gran detalle a parte máis ao norte da Nebulosa de Carina. As nebulosas visibles inclúen os filamentos semicirculares que rodean á estrela activa Wolf Rayet 23 (WR23) na marxe esquerda. Xusto á esquerda do centro atópase a Nebulosa Gabriela Mistral, que consiste nunha nebulosa de emisión de gas brillante (IC 2599) rodeando ao pequeno cúmulo estelar abertos NGC 3324. Enriba do centro da imaxe está o gran cúmulo estelar NGC 3293, mentres que á súa dereita atópase a relativamente feble nebulosa de emisión designada Loden 153. Pero o habitante máis famoso da Nebulosa Carina non é amosado. Fora da imaxe cara abaixo á dereita atópase a brillante, errática e maldita estrela coñecida como Eta Carinae, unha estrela que no seu día foi unha das máis brillantes do ceo e agora a predición di que estoupará como unha supernova nalgún momento os próximos millóns de anos. 

Categorías
Uncategorized

Unha protoberancia solar dende SOHO

Créditos da imaxe: NASAESASOHO-EIT Consortium

Explicación: Cómo pode o gas flotar por riba do Sol? Os retorcidos campos magnéticos arquéandose dende a superfice solar poden capturar o gas ionizado, suspendéndoo en enormes estructuras en bucle. Estes maxestuosos arcos de plasma vense como protuberancias sobre o limbo solar. In 1999, esta dramática e detallada imaxe grabouna Extreme ultraviolet Image Telescope (EIT – Telescopio de Imaxe Ultravioleta Extremo) a bordo do observatorio espacial SOHO na luz emitda polo Helio ionizado. Amosa o plasma quente escapando ó espacio cando unh protuberencia ardente se libera do confinamento magnético un cento de miles de quilómetros por riba do Sol. Estes impresionantes eventos merecen ser observados posto que poden afectar ós sistemas de comunición e enerxía a máis de 100 millóns de quilómetros de distancia no planeta Terra. A finais de 2020 o noso Sol pasou polo mínimo solar do seu ciclo de 11 anos e agora está amosando unha crecente actividade na superficie..

Categorías
Uncategorized

O Cúmulo de Galaxias Fornax

Créditos da imaxe e Copyright: Marco Lorenzi, Angus Lau, Tommy Tse

Explicación: Chamado aasí pola constelación austral hacia a que a maioría das súas galaxias poden atoparse, o Cúmulo Fornax é un dos cúmulos de galáxias máis próximos. A uns 62 millóns de anos luz de distancia, é casi 20 veces máis distante que a nosa veciña Galaxia de Andrómeda e só un 10% máis lonxe que o máis coñecido e poboado Cúmulo de Galaxias de Virgo. Visto a través deste campo de visión de dous graos de ancho, case que cada mancha amaralente na imaxe é unha galaxia elíptica no cúmulo Fornax. As galaxias elípticas NGC 1399 e NGC 1404 son os membros dominantes e brillantes cara a parte superior esquerda (non as picadas estrelas do primeiro plano). A galaxia espiral barrada NGC 1365 é visible na parte inferior dereita como o membro destacado do cúmulo Fornax cluster member.

Categorías
Uncategorized

Lúa do Oeste, Mar do Leste

Créditos da imaxe e Copyright: Tom Glenn

Explicación: O Mare Orientale, Mar do Leste en latín, é unha das características lunares a gran escala máis chamativas. A máis nova das grandes cuncas de impacto lunar é moi difícil de ver dende unha perspectiva terrestre. Pero tomado durante un periodo de inclinación favorable, ou libración da cara visible da Lúa, o Mar do Leste pode atoparse preto da parte superior central nesta nítida visión telescópica, extremadamente escorzada ó longo do bordo occidental da Lúa. Formado polo impacto dun asteroide fai máis de 3.000 millóns de anos e de preto de 1.000 quilómetros de diámetro, as características circulares concéntricas da cunca de impacto son ondulacións na codia lunar. Pero son un pouco máis fáciles de localizar en imaxes máis directas da rexión tomadas dende a órbita lunar. Entón, porqué está o Mar do Leste no borde occidental da Lúa? A característica lunar Mare Orientale recibiu o seu nome antes de 1961. Foi entón cando se invertiu a convención de etiqueter o leste e o oeste nos mapas lunares.

Categorías
Uncategorized

Ao sur de Orión

Crédito da imaxe e Copyright:Vikas Chander

Explicación: ao sur da gran rexión de formación estelar coñecida coma a Nebulosa de Orión atópase a nebulosa azul de reflexión NGC 1999. Na beira do complexo da nube molecular de Orión, a 1 500 anos luz de distancia, a iluminación de NGC 1999 é producida pola estrela variable V380 Orionis que se atopa somerxida nela. A nebulosa está marcada por unha forma de T no centro desta vista telescópica que abrangue unhas dúas lúas cheas no ceo. A súa forma escura asumiuse anteriormente que era unha nube de po vista en silueta. Pero datos no infravermello suxiren que a forma débese probablemente a un buraco soprado na propia nebulosa por enerxéticas estrelas novas. De feito, nesta rexión abundan estrelas novas moi enerxéticas que producen chorros e expulsións de material con luminosas ondas de choque. Catalogadas como obxectos Herbig-Haro (HH), alcumadas en referencia aos astrónomos George Herbig e Guillermo Haro, as ondas de choque amosan intensos tons vermellos. HH1 e HH2 están xusto por debaixo e á dereita de NGC 1999. HH222, tamén coñecida como a Nebulosa da Fervenza semella un corte vermello preto da parte superior dereita do encadre. Para crear ondas de choque os chorros estelares ábrense paso a través do material a velocidades de centros de quilómetros por segundo.