Categorías
Uncategorized

O cabaliño de mar escuro en Cefeo

Créditos da imaxe e Copyright: Valerio Avitabile

Explicación: A anos luz de distancia, esta suxerente forma coñecida coma a Nebulosa do Cabaliño de Mar aparece en forma de silueta frente a un rico e luminoso fondo de estrelas. Vista cara a constelación real do Norte de Cefeo, as nubes poirentas e escuras son parte da nube molecular da Vía Láctea a uns 1.200 anos luz de distancia. Tamén figura coma Barnard 150 (B150), unha das 182 marcas escuras do ceo catalogadas a principios do século XX polo astrónomo E. E. Barnard. Paquetes de estrelas de baixa masa están a formarse no seu interior, pero os seus núcleos en colapso só son visibles con largas lonxitudes infravermellas. Non obstante, as estrelas de Cefeo cheas de cor súmanse a este preciosa e galáctica paisaxe.

Categorías
Uncategorized

As nebulosas Cabeza de Cabalo e a da Chama

Crédito da imaxe e Copyright: Wissam Ayoub

Explicación: A nebulosa Cabeza de Cabalo é unha das nebulosas máis famosas do ceo. É visible como un contorno escuro na cor laranxa da nebulosa de emisión no lado dereito da imaxe. A cabeza do cabalo é escura por que en realidade é unha nube de po opaco que se atopa fronte ao brillo da nebulosa de emisión. De igual xeito que as nubes na atmosfera da Terra, esta nube cósmica ten unha forma recoñecible por casualidade. Despois de moitos milleiros de anos, os movementos internos da nube alterarán seguramente a súa forma. A cor laranxa da nebulosa de emisión está causada polos electróns combinándose cos protóns para formar átomos de hidróxeno. Cara abaixo á esquerda da imaxe está a Nebulosa da Chama, unha nebulosa tinguida de laranxa que tamén contén enleados filamentos de po escuro. Dúas prominentes nebulosas de reflexión son visibles: a redonda IC 432 na marxe esquerda e a azul NGC 2023 xusto debaixo e á esquerda da nebulosa Cabeza de Cabalo. Cada unha delas brilla ao reflexar a luz da súa estrela central.

Categorías
Uncategorized

SN Requiem: Unha supernova vista tres veces (polo momento)

Crédito da imaxe: NASAESAHubble; Datos: S. A. Rodney (U. South Carolinaet al.; Procesado da imaxe: J. DePasquale (STScI)

Explicación: xa vimos a mesma supernova tres veces, cando veremos unha cuarta? Cando unha estrela distante estoupa como supernova, somos afortunados se conseguimos vela unha vez. No caso de AT2016jka (“SN Requiem”) vímola tres veces ao estar en liña detrás do cúmulo galáctico (MACS J0138 neste caso), como demostra a comparativa entre imaxes do Telescopio Espacial Hubble. Nestas tres imaxes de 2016, as supernovas están resaltadas con círculos preto do borde inferior esquerdo. Na imaxe da dereita tomada en 2019, os círculos están baleiros por que as tres imaxes da única supernova xa se esvaeceran. O modelado por ordenador do efecto lente provocado polo cúmulo amosa que unha cuarta imaxe da mesma supernova podería aparecer no círculo superior da imaxe dereita, pero cando? O mellor modelo predí que acontecerá en 2037, pero está data ten unha incerteza de case dous anos debido á incerteza que temos da distribución da masa no cúmulo que fai de lente e o brillo intrínseco da explosión estelar. Con predicións máis refinadas e unha monitorización do ceo, os terrícolas de dentro de 16 anos poderían ver esta cuarta imaxe, e quizais aprender máis sobre os cúmulos de galaxias e supernovas ao mesmo tempo.

Categorías
Uncategorized

Unha fervenza e a Vía Láctea

Crédito da imaxe e Copyright: Xie Jie

Explicación: o soño era capturar a fervenza e a Vía Láctea xuntas. As dificultades incluían atopar unha boa localización para a cámara, iluminar artificialmente a fervenza e o val que a rodea, capturar toda a escena con múltiples tomas do fondo e o primeiro plano, ter conta de que os vagalumes non foran unha distracción, manter a cámara seca e evitar pisar unha serpe velenosa. Aquí o resultado, realizado despois da medianoite a mediados de xullo e convertido dixitalmente nunha panorámica de gran angular. A fervenza é a pintoresca fervenza de Zhulian, nas montañas Luoxiao ao leste da Provincia de Hunan, en China. A banda central da Vía Láctea atravesa o ceo e amosa numerosos filamentos de po escuro e nebulosas cheas de cor. As estrelas brillantes, todas residentes na Vía Láctea, enchen o ceo incluíndo o Triángulo de Verán coa brillante Vega visible sobre o arco da Vía Láctea. Despois de capturar tódalas 78 exposicións, o fotógrafo e os seus amigos desfrutaron eles mesmos destas vistas durante o resto da noite.