Categorías
Uncategorized

A extraordinaria espiral de LL Pegasi

Crédito da imaxe: NASAESAHubbleHLAProcesado e Copyright: Jonathan Lodge

Explicación: Que creou a estraña estrutura espiral arriba á esquerda? Ninguén está seguro, aínda que é probable que estea relacionado cunha estrela nun sistema estelar binario entrando en fase de nebulosa planetaria, onde a súa atmosfera exterior é expulsada. A xigantesca espiral abrangue case un terzo dun ano luz e está enroscada catro ou cinco voltas completas, amosando unha regularidade sen precedentes. Dado o ritmo de expansión da espiral de gas, unha nova capa aparece cada 800 anos, case coincidente co tempo necesario para as dúas estrelas para orbitarse entre elas. O sistema estelar que a creou é comunmente coñecido como LL Pegasi ou AFGL3068 e IRAS 23166+1655. A imaxe amosada foi tomada en infravermello próximo polo Telescopio Espacial Hubble. O motivo polo que os brazos espirais teñen brillo propio segue sendo un misterio, a principal hipótese é que están iluminados pola luz reflexada das estrelas próximas.