Categorías
Uncategorized

Á beira da sombra

Crédito da imaxe e Copyright:Jean-Francois Gout

Explicación: coa forma dun cono estreitándose cara o espazo, a sombra escura central da Terra ou umbra ten unha sección circular. Á distancia á que se atopa a órbita da Lúa, o seu tamaño é maior ca ela. Pero durante a eclipse lunar do 18 ao 19 de novembro, parte da Lúa permaneceu fora da sombra. A composición de 5 imaxes sucesivas desta case eclipse total tomáronse  ao longo dun período dunhas 1.5 horas. A serie está aliñada para trazar a parte do arco da sección circular, coa imaxe central amosando o máximo da eclipse. Amosa a brillante e fina lisca do disco lunar aínda fora do borde curvado da sombra. Por suposto, aínda na sombra, a superficie da Lúa non é completamente escura reflexando os tons vermellos da luz solar filtrada e dispersada na sombra pola atmosfera da Terra.