Categorías
Uncategorized

Eclipse lunar sobre un rañaceos

Créditos da imaxe e Copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas ObservatoryTWAN)

Explicación: Por qué está a Lúa no alto deste edificio? Planificación. Isto levoulle ó astrofotógrafo unha coidada planificación, incluíndo a determinación exacta de onde colocar a cámara e cando exactamente tomar a imaxe, para crear esta sorprendente superposición. A imaxe única destacada tomouse nas primeiras horas da mañá do 19 de novembro, preto do pico da eclipse parcial lunar que estaba a acontencer cando a Lúa pasaba pola sombra da Terra. Neste momento, case que toda a Lúa, o 99,1 por cento da súa área, atopábase na parte máis escura da sombra da Terra. O edificio é a Gran Torre Santiago en Chile, a edificación máis alta en Sudamérica. Aínda que a eclipse enteira durou a impresionante cantidade de 6 horas, esta imaxe tivo que tomarse en poucos segundos para acadar a aliñeación correcta, a rotación da Terra axiña desaliñou o edificio. A próxima eclipse Terra-Lúa será unha eclipse total do Sol que acontecerá o 4 de decembro, pero só será visible dende a parte inferior do noso mundo.