Categorías
Uncategorized

Presentado ao cometa Leonard

Créditos da imaxe e Copyright: Dan Bartlett

Explicación: Aquí chega o Cometa Leonard. O cometa C/2021 A1 (Leonard) descubriuse coma unha feble mancha en xaneiro de 2021 cando acababa de psar fronte a Marte — pero a súa órbita levará a esta xigantesca bola de xeo cara o interior do Sistema Solar, pasando preto da Terra e de Venus en decembro antes de xirar ó redor do Sol a primeiros de xaneiro de 2022. Aínda que os cometas son notoriamente complexo de predecir, algunhas estimacións indican que o cometa Leonard brillará ata converterse visible a simple vista en decembro. O cometa Leonard captouse xusto fai unha semana e xa loce unha coma tinguida de verde e unha extensa cola de pol. A imaxe destacada compúxose a partires de 62 imaxes tomadas cun telescopio de tamaño moderado, un conxunto de exposicións seguindo ó cometa, e outro seguindo as estrelas do fondo. As exposicións tomáronse dende os escuros ceos sobre as Eastern Sierras (Montañas), preto do Lago June en CaliforniaUSA. Pouco despois de pasar preto da Terra a medidados de Decembro, o cometa pasará dos ceos do Norte ós ceos do Sur.