Categorías
Uncategorized

NGC 281: Sin estrelas, con estrelas

Créditos da imaxe e Copyright: Wido Oerlemans – Raios X: ChandraInfravermello: Spitzer

Explicación: En luz visible as estrelas elimináronse nesta imaxe de banda estreita de NGC 281, unha rexión de formación de estrelas a uns 10.000 anos luz de distancia cara a constelación de Cassiopeia. As estrelas foron dixitatalmente engadidas de novo á imaxe resultante sen estrelas. Pero en vez de usar os datos da imaxe en luz visible, as estrelas engadíronse con  datos de raios X (en púrpura) do Observatorio de raios X Chandra e os datos infravermellos (en vermello) do Telescopio Espacial Spitzer. A vista combinada de múltiples lonxitudes de onda amosa unha multitude de estrelas no cúmulo estelar IC 1590 incrustado na rexión. As estrelas xóvenes normalmente están ocultas nas imaxes de luz visible polo gas da nube natal e o po que as escurece. Tamén coñecida polos astrofotógrafos afeccionados coma a Nebulosa Comecocos (Pacman Nebula) polo seu aspecto xeral en luz visible, ten un tamaño duns 80 anos luz.