Categorías
Uncategorized

O Cometa Rosetta nos Xemelgos

Créditos da imaxe e Copyright: Rolando Ligustri (CARA ProjectCAST)

Explicación: Voltando ó longo da súa órbita de 6,4 anos, o cometa periódico Churyumov-Gerasimenko (67P) cáptouse nesta imaxe telescópica o 7 de novembro. Barrendo as estrelas do fondo na constelación dos Xemelgos a poirenta cola do cometa espállase cara a parte superior dereita ata Upsilon Geminorum. Tamén coñecida coma Pollux, Beta Geminorum, a estrela más brillante dos Xemelgos, brilla xusto no límite superior esquerdo do campo de visión. O Churyumov-Gerasimenko alcanzou o seu perihelio de 2021, ou maior aproximación ó Sol, o 2 de novembro. No perixeo, a súa maior aproximación ó planeta Terra, o 12 de novembro, este cometa atopábase a 0,42 unidades astronómicas de distancia, aínda que continua a ser demasiado feble para ser visto a simple vista. O ben estudado cometa foi explorado por robots dende o planeta Terra durante a súa última viaxe polo sistema solar interior. Agora é famoso como o lugar de descanso final da histórica sonda espacial Rosetta e o módulo de aterraxe Philae.