Categorías
Uncategorized

NGC 1333: Un viveiro estelar en Perseo

Crédito da imaxe e Copyright:Michael Sherick

Explicación: NGC 1333 vese en luz visible como unha nebulosa de reflexión dominada polas cores azuis características da luz das estrelas reflexada no po interestelar. A tan só uns 1 000 anos luz cara a heroica constelación de Perseo, atópase ao carón dunha gran nube molecular de formación estelar. Este primeiro plano telescópico abrangue case dúas lúas cheas no ceo, o que equivale a uns 15 anos luz á distancia estimada de NGC 1333. Amosa os detalles desta rexión poeirenta que desvela indicios de emisión vermella de obxectos de Herbig-Haro, chorros e gas brillante emanando das estrelas recentemente formadas. De feito, NGC 1333 contén centos de estrelas con idades inferiores a un millón de anos, a maioría delas aínda ocultas para os telescopios ópticos debido ao po. Este entorno caótico pode ser similar ao existente cando o noso propio Sol se formou fai 4 500 millóns de anos.