Categorías
Uncategorized

Un filamento despréndese do Sol

Crédito do vídeo e Copyright: Stéphane Poirier

Explicación: por que ás veces un anaco da atmosfera do Sol avanza cara o espazo? A razón radica nos cambios dos campos magnéticos tecidos ao través da superficie do Sol. Estas rexións de forte magnetismo superficial, coñecidas como rexións activas, están moitas veces marcadas por escuras manchas solares. As rexións activas poden canalizar gas cargado ao longo dos campos magnéticos, este gas ás veces volve a caer e outras veces é expulsado e incluso pode chegar á Terra. O time-lapse dunha hora amosado no vídeo foi realizado cun pequeno telescopio en Francia e captura a erupción dun filamento desprendido do Sol a finais do mes pasado. O filamento é xigante, en comparación, o tamaño da Terra amósase arriba á esquerda. Xusto antes de que o filamento se desprendera, o Sol emitiu un poderoso destelo de clase X mentres que a superficie tremeu cun forte tsunami solar. Como resultado, unha nube de partículas cargadas internouse no Sistema Solar aínda que a maior parte delas evitou a Terra nesta ocasión. Sen embargo, suficiente plasma solar impactou a magnetosfera terrestre creando unas poucas auroras