Categorías
Uncategorized

A nebulosa Ollo de Gato en visual e Raios-X

Créditos da imaxe: NASAESAHubble Legacy ArchiveChandra X-ray Obs.;
Procesado e Copyright: Rudy Pohl

Explicación: Para algúns semella o ollo dun gato. Para outros, quizáis unha cuncha cósmica xigante. Realmente é unha das máis brillantes e detalladas nebulosas planetarias coñecidas, composta de gas expulsado na breve, pero gloriosa, fase próxima ó final da vida dunha estrela similar ó Sol. A moribunda estrela central desta nebulosa puido producir os caparazóns circulares concéntricos exteriores a partires do desprendemento das capas exteriores nunha serie de convulsións regulares. A formación destas fermosas e complexas aínda que simétricas estructuras internas, non obstante, todavía non é ben coñecida.imaxe destacada é unha composición dunha imaxe do Telescopio Espacial Hubble dixitalmente mellorada a partires de luz de raios-X captada polo observatorio Chandra en órbita. A exquisita estatua espacial flotante espállase máis de medio ano luz de diámetro. Por suposto, cando se contempla este Ollo de Gato, a humanidade podería estar a ver o destino do noso Sol, destinado a comezar a súa propia fase de evolución de nebulosa planetaria… nuns 5.000 millóns de anos.