
Explicación: A anos luz de distancia, esta suxerente forma coñecida coma a Nebulosa do Cabaliño de Mar aparece en forma de silueta frente a un rico e luminoso fondo de estrelas. Vista cara a constelación real do Norte de Cefeo, as nubes poirentas e escuras son parte da nube molecular da Vía Láctea a uns 1.200 anos luz de distancia. Tamén figura coma Barnard 150 (B150), unha das 182 marcas escuras do ceo catalogadas a principios do século XX polo astrónomo E. E. Barnard. Paquetes de estrelas de baixa masa están a formarse no seu interior, pero os seus núcleos en colapso só son visibles con largas lonxitudes infravermellas. Non obstante, as estrelas de Cefeo cheas de cor súmanse a este preciosa e galáctica paisaxe.