Categorías
Uncategorized

SN Requiem: Unha supernova vista tres veces (polo momento)

Crédito da imaxe: NASAESAHubble; Datos: S. A. Rodney (U. South Carolinaet al.; Procesado da imaxe: J. DePasquale (STScI)

Explicación: xa vimos a mesma supernova tres veces, cando veremos unha cuarta? Cando unha estrela distante estoupa como supernova, somos afortunados se conseguimos vela unha vez. No caso de AT2016jka (“SN Requiem”) vímola tres veces ao estar en liña detrás do cúmulo galáctico (MACS J0138 neste caso), como demostra a comparativa entre imaxes do Telescopio Espacial Hubble. Nestas tres imaxes de 2016, as supernovas están resaltadas con círculos preto do borde inferior esquerdo. Na imaxe da dereita tomada en 2019, os círculos están baleiros por que as tres imaxes da única supernova xa se esvaeceran. O modelado por ordenador do efecto lente provocado polo cúmulo amosa que unha cuarta imaxe da mesma supernova podería aparecer no círculo superior da imaxe dereita, pero cando? O mellor modelo predí que acontecerá en 2037, pero está data ten unha incerteza de case dous anos debido á incerteza que temos da distribución da masa no cúmulo que fai de lente e o brillo intrínseco da explosión estelar. Con predicións máis refinadas e unha monitorización do ceo, os terrícolas de dentro de 16 anos poderían ver esta cuarta imaxe, e quizais aprender máis sobre os cúmulos de galaxias e supernovas ao mesmo tempo.