Categorías
Uncategorized

Un alto cantil no cometa Churyumov-Gerasimenko

Créditos da imaxe e LicenzaESARosetta spacecraft, NAVCAM; Procesado adicional: Stuart Atkinson

Explicación: Este alto cantil non se atopa nun planeta, nin sobre unha lúa, senón nun cometa. Foi descuberto como parte do níucleo escuro do Comeat Churyumov-Gerasimenko (CG) por Rosetta, unha sonda robótica lanzada pola ESA que se atopou co cometa orbitando ó Sol en 2014. O irregular cantil, tal e como aparece aquí destacado, foi fotografado por Rossetta en 2014. Aínda que se eleva aproximadamente un quilómetro de altitude, a baixa gravidade na superfice do Cometa CG faría que a escalada fose accesible, e incluso podería sobrevivirse a un salto dende o cantil. Aos pés do cantil hay un terreo relativamente liso salpicado de rochas de ata 20 metros de diámetro. Os datos de Rosetta indican que o xeo no Cometa CG ten unha fracción significamente diferente de deuterio, e polo tanto probablemente unha orixe diferente, que a auga dos océanos da Terra. Rosetta finalizou a súa misión cun impacto controlado sobre o Cometa CG en 2016. O Cometa CG acaba de completar outra aproximación á Terra e permanece visible a través dun pequeno telescopio.

Categorías
Uncategorized

Messier 101

Créditos da imaxe: NASAESACFHTNOAO;
Agradecementos – K.Kuntz (GSFC), F.Bresolin (U.Hawaii), J.Trauger (JPL), J.Mould (NOAO), Y.-H.Chu (U. Illinois)

Explicación: A grande e fermosa galaxia espiral M101 é unha das últimas entradas no famoso catálogo de Charles Messier, pero definitivamente non é unha das menos importantes. Con preto de 170.000 anos luz de diámetro, esta galaxia é enorme, casi dúas veces o tamaño da nosa propia galaxia Vía Láctea. M101 foi tamén unhas das nebulosas espiráis orixinais observadas polo gran telescopio do século XIX de Lord Rosse, o Leviatán de Parsontown. Emsamblada a partires de 51 exposicións rexistradas polo Telescopio Espacial Hubble no séculos XX e XXI, con datos adicionais dos telescopios terrestres, este mosaico abrangue 40.000 anos luz de diámetro ó longo da rexión central de M1010 nun dos retratos de galaxias espiráis de máis alta definición nunca publicados polo Hubble. A detallada imaxe amosa as impresionantes características do disco de estrelas e po da galaxia xunto coas galaxia de fondo, algunhas visibles a través da propia M101. Tamén coñecida coma a Galaxia do Molinete, M101 atópase dentro dos límites da constelación septentrional da Osa Maior, a uns 25 millóns de anos luz de distancia.

Categorías
Uncategorized

O Gran Refractor e a Eclipse Lunar

Créditos da imaxe e Copyright: Laurie Hatch

Explicación: As nubes de chuvia pasaron e a cúpula do Gran Refractor de 36 polgadas do Observatorio Lick abriuse o 10 de novembro. O histórico telescopio apuntouse cara a Lúa parcialmente eclipsada. Iluminado por unha feble luz vermella para conservar a visión nocturna dun astrónomo, os controis do telescopio, os diales de coordenadas e o tubo de 57 pes de largo do refractor capturáronse nesta imaxe de alto rango dinámico. Visible máis aló do tubo en escorzo e da abertura da cúpula, volvéndose máis brillate despois da súa fase de eclipse case que total, o disco lunar creou un halo cheo de cor a través das persistentes nubes. Dende a cúpula aberta, a vista do ceo despexado inclúe o cúmulo estelar das Pleiades (sete irmás ou setestrelo) a uns 5 grados da Lúa e a sombra da Terra.

Categorías
Uncategorized

Á beira da sombra

Crédito da imaxe e Copyright:Jean-Francois Gout

Explicación: coa forma dun cono estreitándose cara o espazo, a sombra escura central da Terra ou umbra ten unha sección circular. Á distancia á que se atopa a órbita da Lúa, o seu tamaño é maior ca ela. Pero durante a eclipse lunar do 18 ao 19 de novembro, parte da Lúa permaneceu fora da sombra. A composición de 5 imaxes sucesivas desta case eclipse total tomáronse  ao longo dun período dunhas 1.5 horas. A serie está aliñada para trazar a parte do arco da sección circular, coa imaxe central amosando o máximo da eclipse. Amosa a brillante e fina lisca do disco lunar aínda fora do borde curvado da sombra. Por suposto, aínda na sombra, a superficie da Lúa non é completamente escura reflexando os tons vermellos da luz solar filtrada e dispersada na sombra pola atmosfera da Terra. 

Categorías
Uncategorized

Pléiades: o cúmulo estelar das Sete Irmás

Crédito da imaxe e Copyright: Damien Cannane

Explanation: viches algunha vez o cúmulo das Pléiades? Aínda que o fixeras, probablemente nunca o viches tan grande e clara como aquí. Posiblemente un dos cúmulos estelares máis brillantes no ceo, as estrelas das Pléiades poden observarse sen binoculares incluso dende unha cidade contaminada pola luz. Cunha longa exposición dende un lugar escuro, a nube de po nos arredores do cúmulo das Pléiades vólvese moi evidente. A exposición amosada aquí feita dende Florida, EUA, abrangue un área no ceo do tamaño da Lúa chea. Tamén coñecidas como as Sete Irmás e M45, as Pléiades atópanse a uns 400 anos luz cara a constelación do Touro. A lenda popular cun xiro moderno é que o brillo dunha das estrelas máis brillantes atenuouse dende que o cúmulo foi alcumado, deixando só seis das estrelas irmás visibles ao ollo ceibe. Pero o número real de estrelas das Pléiades visibles podería ser máis ou menos que sete dependendo da escuridade do ceo e da agudeza visual do observador.