Categorías
Uncategorized

Xupiter rota

Crédito do vídeo e Copyright: JL DauvergneMúsica: Oro Aqua (Benoit Reeves)

Explicación: observa o elegante movemento do maior planeta do Sistema Solar. Moitos detalles interesantes da enigmática atmosfera de Xúpiter poden seguirse aquí, incluíndo as bandas escuras e as zonas claras. Unha inspección polo miúdo achega que as diferentes capas de nubes rotan a velocidades lixeiramente diferentes. A famosa Gran Mancha Vermella non é visible ao comezo, pero axiña aparece á vista. Outras tormentas máis pequenas aparecen ocasionalmente. Aínda que Xúpiter é tan grande rota completamente en tan só 10 horas, mentres que a Terra precisa 24 horas para rotar completamente sobre o seu eixo. O vídeo en alta resolución amosado foi realizado ao longo de 5 noites cun telescopio de tamaño mediano dende a terraza dun apartamento en París, Francia. Como o hidróxeno e o helio non teñen cor e compoñen gran parte de atmosfera de Xúpiter, os elementos que xeran as cores das nubes de Xúpiter aínda é un tema de estudo.

Categorías
Uncategorized

Estrada ao centro da galaxia

Crédito da imaxe e Copyright: Michael Abramyan

Explicación: o camiño cara o centro da nosa galaxia atravesa o Val dos Monumentos? Non ten por que, pero se o teu camiño fai, toma unha fotografía. Neste caso, a estrada é a ruta norteamericana 163 e os poboando o horizonte están os icónicos montículos da Reserva Nacional Navajo. A banda da Vía Láctea esténdese cara abaixo dende o ceo e semella darlle continuación a esta estrada da Terra. Os fíos de po escuro da Vía Láctea contrastan cos miles de millóns de estrelas e gas brillante, incluíndo as nebulosas da Lagoa e a Trífida. Esta imaxe é unha composición de imaxes tomadas ca mesma cámara dende a mesma localización, o punto Forest Gump en Utah, EUA. O primeiro plano foi realizado xusto despois do solpor a comezos de setembro durante a chamada hora azul, mentres que o fondo é un mosaico de catro exposicións realizadas unhas poucas horas despois.

Categorías
Uncategorized

Halloween e a nebulosa Cabeza de Pantasma

Crédito da imaxe: Mohammad Heydari-Malayeri (Observatoire de Paris) et al., ESANASA

Explicación: A orixe de Halloween é antiga e astronómica. Dende o século V a.C. Halloween celébrase coma un día de cruce de cuartos, un día a metada de camiño entre un equinoccio (igual día / igual noite) e un solsticio (día mínimo / máxima noite no hemisferio norte). Non obstante, cun calendario moderno, aínda que Halloween acontece a vindeira semana, o verdadeiro día de cruce de cuartos será unha semana despois. Outro día de cruce de cuartos é o Día da Marmota. A celebración moderna de Halloween mantén raíces históricas na vestimenta para escorrentar ós espíritos dos mortos. Tal vez un tributo adecuado a este antiga festa sexa esta vista da Nebulosa Cabeza de Pantasma tomada co Teslescopio Espacial Hubble. Semellante ó icono dun pantasma de ficción, NGC 2080 é realmente unha rexión de formación de estrelas na Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da nosa propia Galaxia Vía Láctea. A Nebulosa Cabeza de Pantasma (NGC 2080) espállase uns 50 anos luz e amósase en cores representativas.

Categorías
Uncategorized

3D Bennu

Créditos da imaxe: NASAGSFCU. Arizona – Copyright da Imaxe Estéreo: Patrick Vantuyne

Explicación: Pon as túas lentes vermellas/azuis e flota xunto o asteroide 101955 Bennu. Cunha forma coma unha buxaina con rochas cubrindo a súa rugosa superficie, o diminuto mundo do Sistema Solar mide aproximadamente un Empire State Building (menos de 500 metros) de ancho. As instantáneas para construir este anaglifo 3D tomounas a PolyCam da sonda espacial OSIRIS_REx o 3 de decembro de 2018 dende unha distancia duns 80 quilómetros. Cunha mostra da superficie rochosa do asteroide a bordo, OSIRIS_REx partiu das veciñanzas de Bennu este mes de maio e agora encamíñase cara a Terra. Planifícase que a sonda robótica voltará á Terra coa mostra en setembro de 2023.

Categorías
Uncategorized

Un cometa e un cangrexo

Créditos da imaxe & Copyright: Jose Mtanous

Explicación: Este fermoso campo de visión espállase máis de 2 grados ou 4 Lúas Cheas no ceo, cheo de estrelas cara a constelación Tauro, o Toro. Arriba é a dereita do centro no encadre pode verse a feble e difusa apariencia avermellada de Messier 1 (M1), tamén coñecida coma Nebulosa do Cangrexo. M1 é o primero obxecto no famoso catálogo de cousas do cazador de cometas do século XVIII Charles Messier que definitivamente non son cometas. Feita a partires de datos tomados este 11 de outubro, hai un cometa na imaxe. Por baixo do centro e á esquerda atópase unha feble e verdosa coma de po do cometa periódico 67P Churyumov-Gerasimenko, tamén coñecido coma cometa da Rosetta. No século XXI, convertiuuse no lugar de descanso final dos robots dende o planeta Terra. O cometa Rosetta está agora a voltar cara o interior do sistema solar, varrendo cara o seu próximo perihelio ou aproximación máis cerca ó Sol, o 2 de novembro. Demasiado feble para verse a simple vista, o próximo perixeo ou paso máis próximo á Terra será o 12 de novembro.