Categorías
Uncategorized

Materia escura nun Universo simulado

Créditos da ilustración e Copyright: Tom Abel & Ralf Kaehler (KIPACSLAC), AMNH

Explicación: Está o noso universo enmeigado? Podería semellalo neste mapa de materia escura. A gravidade da materia escura oculta é a principal explicación ó por qué as galaxias rotan tan rápido, por qué as galaxias orbitan en cúmulos tan rápido, por qué as lentes gravitacionais desvían tan fortemente a luz e por qué a materia visible está distribuida como está no universo local e no fondo cósmico de microondas. A imaxe destacada do espectáculo Materia Escura do  Planetario Hayden do Museo Americano de Historia Natural destaca un exemplo de como a omnipresente materia escura podería asexar o noso universo. Nesta imaxe dunha detallada simulación por computador, complexos filamentos de materia escura, amosados en negro, están esparexados polo universo coma arañeiras, mentres que os grupos relativamente raros da familiar materia bariónica están coloreados en laranxa. Estas simulacións son boas coincidencias estadísticas coas observacións astronómicas. No que quizás sexa un xiro dos acontecementos máis aterrador, a materia escura, aínda que bastante extraña e cunha forma descoñecida, xa non se cree que sexa a forma de gravidade máis estraño do universo. Esa honra recae agora na enerxía escura, unha forma máis uniforme de gravidade repulsiva que semella dominar a expansión de todo o universo.