Categorías
Uncategorized

Unha aurora de Rorschach

Créditos da imaxe e Copyright: Göran Strand

Explicación: Se ves isto como a faciana dun monstro, non teñas medo. Trátase só dunha pareidolia, a miúdo experimentado coma a tendencia de ver facianas en patróns de luz e sombra. De feito, a a escbraiante escea visual é realmente unha panorámica de 180 grados dunha Aurora Boreal, dixitalmente reflexada coma manchurróns de tinta nunha folla de papel dobrada. As instantáneas empregadas para construila tomáronse nunha noite de setembro dende o medio dunha ponte colgante sobre unha fervenza en Jamtland, Suecia. Con tormentas xeomagnéticas ocasionadas pola recente actividade solar, a aparición de auroras podería ser moi activa nas altitudes altas do planeta Terra durante os vindeiros días. Pero se ti ves a faciana dun monstro no teu propio vecindario mañá pola noite, podría tratarse só de Halloween.