Categorías
Uncategorized

A Pantasma de Mirach

Crédito da imaxe e Copyright: John Chumack

Explicación: no referente ás pantasmas, a Pantasma de Mirach non asusta tanto realmente. Esta pantasma é tan só unha feble galaxia difusa ben coñecida polos astrónomos xa que pode observarse xunto á liña de visión de Mirach, unha estrela moi brillante. Centrada neste campo, Mirach tamén é coñecida como Beta de Andrómeda. A uns 200 anos luz de distancia, Mirach é unha xigante vermella máis fría co Sol pero moito máis grande, e polo tanto intrinsecamente moito máis brillante que a nosa estrela. Na maioría das imaxes co telescopio, o brillo e as raias producidas pola difracción tenden a ocultar detalles próximos a Mirach e fan que esta feble galaxia difusa semelle unha reflexión da luz da estrela. Así a todo, nesta nítida imaxe a Pantasma de Mirach, catalogada coma NGC 404 é visible xusto enriba e á dereita de Mirach e estímase que está a uns 10 millóns de anos luz de nós.