Categorías
Uncategorized

NGC 6995: A Nebulosa do Morcego

Crédito da imaxe e Copyright: Howard Trottier

Explicación: podes ver o morcego? Habita neste primeiro plano cósmico ao leste da Nebulosa do Veo. A propia Nebulosa do Veo é un gran remanente de supernova, unha nube de restos da morte explosiva dunha estrela masiva. Mentres o Veo ten unha forma aproximadamente circular cubrindo 3 graos no veo cara a constelación do Cisne, NGC 6995 é coñecida informalmente como a Nebulosa do Morcego e abrangue tan só medio grao, aproximadamente o tamaño aparente da Lúa chea no ceo. Isto tradúcese nun tamaño de 12 anos luz á distancia estimada á que se atopa o Veo, sobre os 1400 anos luz do planeta Terra. Nesta imaxe composta os datos foron adquiridos empregando filtros de banda estreita e a emisión dos átomos de hidróxeno amósanse en vermello xunto á potente emisión dos átomos de osíxeno coloreados en azul. Por suposto, no extremo occidental do Veo atópase outra intrigante aparición, a Nebulosa Vasoira de Meiga.