Categorías
Uncategorized

Xupiter rota

Crédito do vídeo e Copyright: JL DauvergneMúsica: Oro Aqua (Benoit Reeves)

Explicación: observa o elegante movemento do maior planeta do Sistema Solar. Moitos detalles interesantes da enigmática atmosfera de Xúpiter poden seguirse aquí, incluíndo as bandas escuras e as zonas claras. Unha inspección polo miúdo achega que as diferentes capas de nubes rotan a velocidades lixeiramente diferentes. A famosa Gran Mancha Vermella non é visible ao comezo, pero axiña aparece á vista. Outras tormentas máis pequenas aparecen ocasionalmente. Aínda que Xúpiter é tan grande rota completamente en tan só 10 horas, mentres que a Terra precisa 24 horas para rotar completamente sobre o seu eixo. O vídeo en alta resolución amosado foi realizado ao longo de 5 noites cun telescopio de tamaño mediano dende a terraza dun apartamento en París, Francia. Como o hidróxeno e o helio non teñen cor e compoñen gran parte de atmosfera de Xúpiter, os elementos que xeran as cores das nubes de Xúpiter aínda é un tema de estudo.