Categorías
Uncategorized

Halloween e a nebulosa Cabeza de Pantasma

Crédito da imaxe: Mohammad Heydari-Malayeri (Observatoire de Paris) et al., ESANASA

Explicación: A orixe de Halloween é antiga e astronómica. Dende o século V a.C. Halloween celébrase coma un día de cruce de cuartos, un día a metada de camiño entre un equinoccio (igual día / igual noite) e un solsticio (día mínimo / máxima noite no hemisferio norte). Non obstante, cun calendario moderno, aínda que Halloween acontece a vindeira semana, o verdadeiro día de cruce de cuartos será unha semana despois. Outro día de cruce de cuartos é o Día da Marmota. A celebración moderna de Halloween mantén raíces históricas na vestimenta para escorrentar ós espíritos dos mortos. Tal vez un tributo adecuado a este antiga festa sexa esta vista da Nebulosa Cabeza de Pantasma tomada co Teslescopio Espacial Hubble. Semellante ó icono dun pantasma de ficción, NGC 2080 é realmente unha rexión de formación de estrelas na Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da nosa propia Galaxia Vía Láctea. A Nebulosa Cabeza de Pantasma (NGC 2080) espállase uns 50 anos luz e amósase en cores representativas.