Categorías
Uncategorized

Un cometa e un cangrexo

Créditos da imaxe & Copyright: Jose Mtanous

Explicación: Este fermoso campo de visión espállase máis de 2 grados ou 4 Lúas Cheas no ceo, cheo de estrelas cara a constelación Tauro, o Toro. Arriba é a dereita do centro no encadre pode verse a feble e difusa apariencia avermellada de Messier 1 (M1), tamén coñecida coma Nebulosa do Cangrexo. M1 é o primero obxecto no famoso catálogo de cousas do cazador de cometas do século XVIII Charles Messier que definitivamente non son cometas. Feita a partires de datos tomados este 11 de outubro, hai un cometa na imaxe. Por baixo do centro e á esquerda atópase unha feble e verdosa coma de po do cometa periódico 67P Churyumov-Gerasimenko, tamén coñecido coma cometa da Rosetta. No século XXI, convertiuuse no lugar de descanso final dos robots dende o planeta Terra. O cometa Rosetta está agora a voltar cara o interior do sistema solar, varrendo cara o seu próximo perihelio ou aproximación máis cerca ó Sol, o 2 de novembro. Demasiado feble para verse a simple vista, o próximo perixeo ou paso máis próximo á Terra será o 12 de novembro.