Categorías
Uncategorized

Palomar 6: Cúmulo Estelar Globular

Crédito da imaxe: ESA/Hubble e NASA, R. Cohen

Explicación: onde se atopa esta xigantesca bola de estrelas? Palomar 6 é un dos preto de 200 cúmulos globulares de estrelas que sobreviven na nosa Vía Láctea. Estas agrupacións esféricas son máis vellas co noso Sol e tamén máis vellas que a maioría das estrelas que orbitan o disco da galaxia. Palomar 6 estímase que ten uns 12 500 millóns de anos, tan vella case como a idade do universo. Contendo ao redor de 500 000 estrelas, Palomar 6 atópase a uns 25 000 anos luz de distancia pero non moi lonxe do centro da nosa galaxia. A esta distancia, esta nítida imaxe do Telescopio Espacial Hubble abrangue uns 15 anos luz. Tras moito estudo, incluíndo imaxes do Hubble, desenvolveuse a hipótese de que Palomar 6 creouse (e sobrevive hoxe en día) no bulbo central del estrelas que rodean o centro da Vía Láctea e non no distante halo galáctico no que se atopan a maioría dos cúmulos globulares.

Categorías
Uncategorized

Lanzamento de Lucy a oito asteroides

Crédito da imaxe e Copyright: John Kraus

Explicación: por que esta misión irá ata Xúpiter pero sen visitalo? O plan de Lucy é atopar indicios sobre a orixe do Sistema Solar que poden atoparse en Xúpiter, onde se atopa actualmente Juno en órbita. Xúpiter é un planeta tan masivo que a súa gravidade captura numerosos asteroides que orbitan o Sol por diante e por detrás del. Estes asteroides troianos formáronse por todo o Sistema Solar e poderían levar atrapados alí miles de millóns de anos. Sobrevoar estes asteroides troianos permite estudalos como se fosen fósiles que probablemente conteñan pistas únicas sobre os comezos do Sistema Solar. Lucy, que recibiu o seu nome en referencia ao famoso esqueleto fósil que á súa vez foi nomeado en base a unha famosa canción, está previsto que visite os oito asteroides dende 2025 ata 2033. Nesta imaxe amósase o lanzamento de Lucy a semana pasada mediante o poderoso foguete Atlas V dende Cabo Cañaveral, Florida, EUA.