Categorías
Uncategorized

Noite de Perseidas

Crédito do vídeo e Copyright: Vikas Chander e Dorje Angchuk; Música: Tea Time via PremiumBeat

Explicación: algunha vez viches unha choiva de meteoros? Para capturar tal marabilla realizouse un vídeo durante o pico da recente choiva das Perseidas sobre o Observatorio Astronómico Hindú en Hanle, India, situado na cordilleira do Himalaia. O vídeo comeza ao caer a noite co plano central da Vía Láctea aparecendo dende a esquerda mentres varios satélites artificiais orbitando a Terra cruzan por riba. Durante a noite, o brillo dos meteoros normalmente dura un segundo aínda que no vídeo estendeuse artificialmente. O brillo verdoso que amosa moitos meteoros é tipicamente causado pola vaporización do níquel. A medida que o vídeo continúa, Orión elévase no horizonte e os meteoros destelan sobre o Telescopio Chandra do Himalaia e o Telescopio de Raios Gamma de Alta Enerxía (Hagar). A película de 2 minutos e 30 segundos remata coa saída do Sol, precedido por un falso solpor de luz zodiacal.