Categorías
Uncategorized

Ceo nocturno reflexado

Crédito da imaxe e Copyright: Egon Filter

Explicación: que hai no espello? Na imaxe amosada do escuro ceo austral as tres galaxias máis brillantes da noite son relativamente fáciles de identificar. Empezando pola esquerda están a Pequena Nube de Magalhães (SMC), a Gran Nube de Magalhães e parte da banda central da Vía Láctea. As tres amosan tamén o seu reflexo na auga. Pero que é visible no espello sostido polo astrofotógrafo? Trátanse de nubes de po preto do centro da Vía Láctea e o planeta Xúpiter. A composición foi coidadosamente planificada e composta a partir de imaxes capturadas pola mesma cámara na mesma localización durante a mesma noite a mediados de 2019 en Mostardas, ao sur do Brasil. A imaxe gañou a primeira posición da categoría Conectando ca Escuridade, do concurso Capturando a Escuridade de 2021 organizado pola Asociación Internacional do Ceo Escuro.