Categorías
Uncategorized

NGC 520: galaxias en colisión vistas plo Hubble

Crédito da imaxe: NASAESA, Hubble; Procesado e Copyright: William Ostling (The Astronomy Enthusiast)

Explicación: na imaxe hai unha galaxia ou dúas? A mestura de estrelas, gas e po en NGC 520 pénsase que incorpora os remanentes de dous discos galácticos diferentes. Un dos elementos que definen NGC 520, vista nesta imaxe de gran detalle do Telescopio Espacial Hubble, é a súa banda de po entrelazado que percorre verticalmente a espiña das dúas galaxias en colisión. Unha colisión similar podería esperarse dentro duns poucos miles de millóns de anos cando o disco da Vía Láctea choque contra o gran disco da nosa galaxia veciña Andrómeda (M31). A colisión que deu lugar a NGC 520 comezou fai uns 300 millóns de anos. Tamén coñecida como Arp 157, NGC 520 atópase a uns 100 millóns de anos luz de distancia e abrangue uns 100 000 anos luz. Pode atoparse cun pequeno telescopio cara a constelación do Peixe. Aínda que a velocidade das estrelas en NGC 520 son elevadas, as distancias son tan grandes que a parella de galaxias en loita non cambiarán a súa forma de xeito notable durante as nosas vidas.