Categorías
Uncategorized

M51: a Galaxia Remuíño

Créditos da imaxe e CopyrightJosep Drudis

Explicación: Atopa o Setestrelo (Carro ou Gran Cazo) e segue o mango lonxe da cunca do cazo ata chegar a última estrela brillante. Entón, só desliza o teu telescopio un pouco cara o sur e ó oeste e atoparás este espectacular par de galaxias interactuando, a entrada número 51 no famoso catálogo de Charles Messier. Quizáis a nebulosa espiral orixinal, a gran galaxia cunha estructura espiral ben definida esté tamén catalogada como NGC 5194. Os seus brazos espiráis e liñas de po barren claramente frente a súa galaxia compañeira (na parte superior), NGC 5195. O par atópase a uns 31 millóns de anos luz e oficialmente reside dentro dos límtes angulares da pequena constelación de Canes Venatici. A pesares de que M51 semella feble e borrosa a simple vista, as imaxes profundas coma esta revelan as súas chamativas cores e os restos das mareas galácticas.