Categorías
Uncategorized

Aneis arredor da Nebulosa do Anel

Créditos da imaxe: HubbleLarge Binocular TelescopeSubaru TelescopeComposición e Copyright: Robert Gendler

Explicación: Nebulosa do Anel (M57) é máis complexa do que semella a través dun pequeno telescopio. O facilmente visible anel central ten aproximadamente un ano luz de distancia, pero esta exposición notablemente profunda – un esforzo colaborativo que combina datos de tres grandes telescopios diferentes – explora os filamentos en bucle de gas quente que se extenden moito máis aló da estrela central da nebulosa. Esta imaxe composta inclúe a luz vermella emitida polo hidróxeno así como a luz visible e a luz infravermella. A Nebulosa do Anel é unha nebulosa planetaria alongada, un tipo de nebulosa creada cando unha estrela similar ó Sol evoluciona ata desprenderse da súa atmósfera externa para converterse nunha estrela anana branca. A Nebulosa do Anel atópase a uns 2.500 anos luz de distancia cara a musical constelación da Lira.