Categorías
Uncategorized

Chuvia de Perseidas

Créditos da imaxe e Copyright: Luo Hongyang

Explicación: Polvo de cometa choveu sobre o planeta Terra a pasada semana, atravesando os escuros ceos na anual chuvia das Perseidas. A imaxe destacada é unha composición de moitas imaxes tomadas dende a mesma localización durante a noite do pico das Perseidas. O paraugas non se necesitou como proteccción ante os meteoros, posto que case se evaporan totalmente na atmósfera superior da Terra. Moitas das imaxes que forman a composición destacan Perseidas individuais, namentres que unha imaxe destaca o primeiro plano preto da Cidade JiuquanProvincia de GansuChina. O fondo estelar inclúe a banda central da nosa Galaxia Vía Láctea, aparecendo prácticamente vertical, así como os planetas Xúpiter e Saturno na esquerda. A pesares de que as partículas de po do cometa viaxan paralelas unhas ás outras, a chuvia de meteoros resultante claramente semella radiar dende un punto único no ceo– o radiante na constelación epónima de Perseo. A imaxe tomouse cun angular tan grande que a curvatura do ceo é visible na traxectoria das Perseidas.

Envío de imaxes notables ó APOD: Perseidas 2021