Categorías
Uncategorized

Saturno e seis lúas

Crédito da imaxe e Copyright: Mohammad RanjbaranMR Agradecementos: Amir Ehteshami

Explicación: cantas lúas ten Saturno? Polo de agora coñécense 82, sendo a menor de todas de tan só unha fracción dun quilómetro. Seis dos seus satélites de maior tamaño poden verse nesta composición de 13 imaxes de corta exposición do brillante planeta e 13 exposicións longas das máis brillantes das súas febles lúas, todas elas tomadas ao longo de dúas semanas o mes pasado. Maior que a Lúa da Terra e incluso maior que o planeta Mercurio, Titán, a lúa máis grande de Saturno ten un diámetro duns 5 150 quilómetros e capturouse nesta imaxe completando case unha órbita ao redor do planeta dos aneis. O primeiro satélite natural coñecido de Saturno, Titán, foi descuberto en 1655 polo astrónomo neerlandés Christiaan Huygens, en contraste coas moitas lúas descubertas recentemente en 2019. O ronsel do extremo dereito pertence a Xapeto, a terceira maior lúa de Saturno. O radio da órbita de Xapeto é tan grande que só un anaco da órbita é capturada na imaxe. Saturno vai por diante de Xúpiter ao través do ceo nocturno deste mes, aparecendo xusto despois do solpor cara o surleste e permanecendo visible ata o amencer.

Categorías
Uncategorized

A faciana sobre Marte

Créditos da imaxe: NASAViking 1 Orbiter

Explicación: Non sería divertido se as nubes fosen castelos? Non sería divertido se a ropa suxa na cadeira do dormitorio fose un super heroe? Non sería divertido se as mesetas rochosas de Marte fosen monumentos interplanetarios á faciana humana? As nubes, non obstante, son gotas de auga e xeo flotantes. A roupa suxa é de algodón, la ou plástico, tecida en prendas de vestir. As famosas mesetas rochosas marcianas coñecidas por nomes como Faciana de Marte semellan bastante naturais cando son vistas máis claramente en mellores imaxes. É a realidade aburrida? Ninguén coñece por qué algunhas nubes orixinan chuvia. Ninguén coñece se a vida algunha vez tivo lugar en Marte. Ninguén coñece por qué a roupa suxa na cadeira do dormitorio ule coma cervexa de raíz. A exploración científica pode non só resolver misterios, senon tamén descubrir novos coñecementos, misterios máis grandes e preguntas aínda máis profundas. A medida que a humanidade explora o noso Universo, quizáis a diversión — a través dos descubrimentos — esté só a comezar.

Categorías
Uncategorized

Ó longo a Vía Láctea

Créditos da imaxe e Copyright: Rolf Weisenfeld

Explicación: Non podes camiñar ó longo da Vía Láctea. Pero, baixo un ceo oscuro podes explorala. Para o ollo, a pálida traza luminosa que atravesa o ceo nunha noite escura sin Lúa semella ser un camiño a través dos ceos. A brillante banda celeste é a brillante e colectiva luz de distantes estrelas cortada por franxas de escuras nubes de po interestelar. Atópase ó longo de plano do fogar da nosa galaxia, chamada así por qué semella unha vía láctea. Dende os tempos de Galileo, a Vía Láctea revelouse ós observadores do ceo con telescopios como unha congregación de inumerables estrelasmaravillas cósmicas.

Categorías
Uncategorized

AR2835: illas na fotosfera

Créditos da imaxe e Copyright: Michael Teoh, Heng Ee Observatory, Penang, Malaysia

Explicación: surmexida nun mar de plasma incandescente e ancoradas en campos magnéticos, as manchas solares son illas escuras do tamaño de planetas na fotosfera solar, a brillante superficie do Sol. Atopadas nas rexións solares activas, as manchas solares semellan escuras só porque son lixeiramente máis frías, cunhas temperaturas duns 4.000 kelvins comparadas cos 6.000 kelvins dos arredores da superfice solar. Este grupo de manchas solares atópase na rexión activa AR2835. A rexión activa máis grande que cruza agora o Sol, AR2835 está capturada neste primeiro plano telescópico do 1 de xullo nun campo de visión que se espalla uns 150.000 quilómetros ou máis de dez veces o diámetro da Terra. Con poderosos campos magnéticos, as rexións solares activas  son a cotío responsables das erupcións solares e das execcións de masa coroal, tormentas que afectan ó clima espacial preto do planeta Terra.

Categorías
Uncategorized

Autorretrato Perseverance con Ingenuity

Créditos da imaxeNASAJPL-CaltechMSSS

Explicación: No sol 46 (6 de abril de 2021) o rover Perseveranced desplegou o seu brazo robótico para facer o seu primeiro autorretrato en Marte. A cámara WATSON no fin do brazo deseñouse para tomar primeiros planos das rochas marcianas e os detalles da superficie, e non unha rápida instantánea de amigos e caras riseiras. Ó fin,  o traballo en equipo e semanas de planificación no tempo de Marte requeríronse para programar unha complexa serie de exposicións e movementos de cámara para incluir ó Perseverance e os seus arredores. Os 62 cadros resultantes compoñéronse nun detallado mosaico, un dos máis complicados autorretratos do rover marciano nunca feitos. Nesta versión do autorretrato, os instrumentos Mastcam-Z e SuperCam do rover miran cara WATSON e o extremo do brazo extendido do rover. A preto de 4 metros (13 pes) do Perseverance atópase unha compañía robótico, o helicóptero Mars Ingenuity.