Categorías
Uncategorized

Lembrando a Neowise

Créditos da Imaxe e Copyright: Petr Horalek / Institute of Physics in Opava

Explicación: Eran finais de xullo. Se podías ver as estrelas da Osa Maior (o gran cazo), podías atopar o Cometa Neowise no ceo da noitiña. Despois do solpor os habitantes do norte podían ver a simple vista o cometa baixo a cunca deste famoso utensilo de cociña celeste sobre o horizonte do noroeste. O cometa semella una ‘estrela’ difusa cunha cola, aínda que probablemente non tan longa como nesta memorable vista celeste grabada dende a República Checa o 23 de xullo, ano 2020, preto da aproximación máxima do cometa ó planeta Terra. As fotografías do C/2020 F3 (NEOWISE) soían amosar a alongada cola de po do cometa e unha máis feble, pero separada, cola iónica azulada que se extendía máis aló do que o ollo podía seguir. Observadores do ceo ó longo de todo o mundo deleitáronse coa observación do cometa NEOWISE, visitante sorpresa do Sistema Solar exterior.