Categorías
Uncategorized

Mimas na luz de Saturno

Créditos da imaxe: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA

Explicación: Mirando dende as sombras, o hemisferio de Mimas cara Saturno atópase preto da escuridade xunto unha dramática medialúa iluminada polo Sol. O mosaico capturouno preto da aproximación final da sonda espacial Cassini o 30 de xaneiro de 2017. A cámara de Cassini apuntouse case en dirección ó Sol a só 45.000 quilómetros de Mimas. O resultado é unha das vistas de máis alta resolución da xeada e chea de cráteres lúa de 400 quilómetros de diámetro. Unha versión mellorada revela mellor o hemisferio orientado cara Saturno da lúa en rotación sincronizada iluminado pola luz solar reflectida dende o propio Saturno. Para poder velo, desliza o cursor sobre a imaxe (ou segue este enlace). Outras imaxe de Cassini de Mimas inclúen o gran e ominoso cráter Herschel da pequena lúa.