Categorías
Uncategorized

Galaxia anel AM 0644-741

Crédito da imaxe: NASAESAHubbleHLAProcesado: Jonathan Lodge

Explicación: o anel da gran galaxia azul á dereita é unha gran estructura de 150 000 anos luz de diámetro composta por estrelas brillantes e moi masivas recén formadas. AM 0644-741 é coñecida como unha galaxia de tipo anel e xurdiu dunha inmensa colisión galáctica. Cando as galaxias colisionan atravésanse unha á outra e as súas estrelas individuais rara vez colisionan. A gran galaxia con forma de anel é o resultado da distorsión gravitacional xerada pola pequena galaxia intrusa que a atravesa. Cando esto acontede, o gas e o po interestalar comprímense xerando unha onda de formación estelar que se move dende o punto de impacto como unha onda sobre a superficie dun estanque. Outras galaxias no campo de visión son galaxias de fondo que non interaccionan con AM 0644-741. As estrelas en primeiro plano atópanse na nosa galaxia, a Vía Láctea. Pero a pequena galaxia intrusa aparece arriba á dereita deste encadre tomado polo Telescopio Espacial Hubble. A galaxia anel AM 0644-741 atópase a uns 300 millóns de anos luz cara a constelación austral do Peixe Voador.