Categorías
Uncategorized

O guecho triangular de Fleming

Crédito da imaxe e copyright: Anthony Saab

Explicación: caótica en aparencia, estes filamentos enmarañados de gas brillante esténdense ao longo do ceo da Terra cara a constelación do Cisne, formando parte da Nebulosa do Veo. Esta nebulosa é un gran remanente de supernova, unha nube en expansión que naceu da explosión dunha estrela masiva. A luz provinte da explosión da supernova orixinal probablemente chegou á Terra fai máis de 5 000 anos. Os filamentos brillantes son máis ben como grandes rizos ben separados nunha folla vista case de lado sobre o brillo dos átomos ionizados de hidróxeno, amosados en cores azuladas, e átomos de osíxeno, amosados en cores vermellas. Tamén coñecido como o Lazo do Cisne e catalogada como NGC 6979, a Nebulosa do Veo abrangue no ceo agora unhas 6 veces o diámetro da Lúa chea. A lonxitude do guecho correspóndese cuns 30 anos luz, dada a súa distancia estimada de 2 400 anos luz. Ás veces identificada tamén como o Triángulo de Pickering por un director do Observatorio da Universidade de Harvard, tamén é nomeada como o Guecho Triangular de Fleming, en homenaxe á súa descubridora a astrónoma Williamina Fleming.