Categorías
Uncategorized

CG4: Un glóbulo cometario roto

Créditos da imaxe e Copyright: Nicolas Rolland & Martin Pugh

Explicación: Pode unha nube de gas agarrar a unha galaxia? Nin de lonxe. A “gadoupa” desta estraña “criatura” na fotografía destacada é unha nube de gas coñecida como glóbulo cometario. Este glóbulo, non obstante, rompeu. Os glóbulos cometarios están típicamente caracterizados por cabezas poirentas e colas alongadas. Estas características fan que os glóbulos cometarios teñan similitudes visuáis similares ós cometas, pero en realidade son moi diferentes. Os glóbulos son frecuentemente lugar de nacemento de estrelas e moitos amosan estrelas moi novas nas súas cabezas. A razón para a ruptura na cabeza desde obxecto non se coñece aínda. A galaxia á esquerda do glóbulo é enorme, moi lonxana na distancia e só situado preto de CG4 por causa da superposición.